Resumo do Sábado 14 de Xaneiro. Volvemos!

Moi boas!

Despois dos atracones do nadal, retornamos á nosa actividade Recuncheira

Este sábado estivemos celebrando o Xantar Dev, con Ruben Fernandez Souto, que nos ensinou cómo usar o framework Xamarin.

Con esta tecnoloxía podemos facer aplicacións para Android e iPhone, sen problemas.

Despois de xantar todos, continuamos cacharreando cun lector de huellas dactilares por UART. Moi interesante.

Ademáis estivemos vendo a Orange Pi. Seguiremos investigando. Tamén disfrutamos da compatibilidade de Java cas aplicacións antigas. Moi ben todo.

Ademáis, revisamos unha impresora láser, que semella que vai funcionar.

E para rematar, tivemos gastromakers con clase de palillos chinos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *