Resumo do Sábado, 17 de Decembro do 2016

Este sábado retornamos ao local de Caramoniña, con ganas de facer moitas cousas

A principal actividade foron as Open Cookies! Pasámolo en grande durante todo o día.

Acompañounos Xosé Pérez, que trouxo a sua impresora, e nos enseñou a deseñar os moldes co software libre Inkscape.

Pola tarde, o taller continuo da man de Maite, que nos enseñou a montar a masa e facer as galletas cos moldes.

Os gastromakers levaron a masa para casa, e puideron facer as galletas nos seus fornos.

 

Pola tarde, dedicámola a recoller o local e organizar as mesas.

Recuperamos unha caixa de discos HP. Tivemos que atacarlle pola consola serie para repoñer o contrasinal de acceso ao sistema operativo (para isto tiramos de cable DB9-USB, RaspberryPi e moita sabiduría colgada en Internet).

Ademáis, adicamos un bo tempo aos neopixels. Estivemos probando as librerias, las lentes, e falamos dos algoritmos que podemos usar.

 

One thought on “Resumo do Sábado, 17 de Decembro do 2016

  1. Rafa Couto Reply

    Moitísimas grazas a Xosé pola súa visita, o crack das OpenCookies que nos instruíu no uso do ordenador para facer os cortadores de galleta e tamén trouxo a súa impresora 3lm3r para imprimilos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *