Resumo do Sábado 3 de Abril: O noso Brazo Robótico!!

O noso primeiro brazo Robótico!!

Moi boas!!! Qué tal estades xentiña?:

Este fin de semana foi moi especial no Recuncho Maker, un dos membros trouxo uns “xoguetiños” para nos.

Un Brazo Robótico!, si si, o que estades lendo un brazo robótico moi molón.

Non vos parece impresionante!!? 🙂

Nada máis ter a caixa nas nosas mans procedimos a facer grupiños de traballo para montar o brazo entre todos.

O robot está composto por 5 motores DC con reductora para poder mover o brazo.

un mando para controlar o brazo e unha base na que se soporta o brazo.

Estivemos repasando o sistema eléctrico, con catro pilas. Dúas sirven para dar a parte positiva do movemento dos motores, e as outras dúas, sirven para dar a parte negativa do movemento dos motores.

O circuito é moi doado de aprender, e faremos algún desenvolvemento no futuro.

Este proxecto o que queremos e melloralo e seguir implementando cousas!!! A Tope!!

Melloras:

  1. Implementación dunha IA
  2. Cambiar o sistema de alimentación
  3. Implantación dun Arduino o Raspberry pi
  4. Uso dunha Ponte H.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *