Resumo do 5 de Novembro de 2016

O sábado estivemos na OSHWDEM de Coruña, e resumindo nunha palabra… impresionante!

Foi unha gozada compartir con un montón de makers de todos os rincóns de España esa xornada.

Centos de proxectos interesantes, dende brazos robot prácticamente profesionales ata guitarras eléctricas feitas de caixas e latas: imposible repasalos todos.

Charlas de robótica, FPGAs, e, por suposto, as competicións de robots que rebosaron o auditorio da Domus.

E por suposto, o reto de Clone Wars, no que este ano todos os makers imprimiron unha enorme teselación de Penrose.

Faltounos tempo para ver todo (é o que ten eso de estar detrás da barra), pero falamos, coñecimos a moita xente, e tomamos moitísimas ideas para novas argalladas.

Por suposto, non pode faltar o noso agradecemento para a xente de Bricolabs pola estupenda organización, por cómo nos trataron, por todo o esforzo que requiren este tipo de cousas sen máis recompensa que a de acercar o mundo maker a toda a xente posible.

Grazas!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *