Resumo do 3 de Marzo de 2018: Fogonazos e regletas sempre encendidas!!!

O fogonazo!!

O bonito do mundo maker é que non todo sae ben e tampouco á primeira, cando algo sae mal non hay que frustrarse. E eso, pasounos este Sábado no recuncho; tiñamos un PLC estropeado:

Sábiamos que tiña un componente queimado, pero non sabíamos que tipo de compoñente era, e uns dos membros do recuncho dixo… E se quitámolo compoñente e puenteamos a conexión?” “Qué pode sair mal?”

Tiñamos duas opcións! Ou cara ou cruz, Ou ben ou mal!, Estoupa todo ou funciona!!! (Na miña cabeza estaba visualizando a pequena chispa que ia saltar, pequeno inxenuo eu…)

Como se de unha moneda se tratase; Tirandoa o aire e vendoa xirar cara a man pra saber cal era o resultado, todos os que estabamos alí no momento de conectar o PLC á regleta e accionala cun asa dunha neveira (mmm bueno esto é un tema que trataremos agora, tranquilos jajaja).

Pasou… A moeda caeu do lado equivocado, do lado do “pequeno chispazo”… (Pequeno? Pequeno!?, aquelo resonou por todo o local!!).

O puente desintegrouse, pero nunca as nosas ganas de facer e seguir cos nosos proxectos!!! De tódalas cousas aprendemos e melloramos! Incluso dos chispazos, e que risas nos botamos 🙂

As comilonas do recuncho maker!!

Sempre hay que ser agradecidos dicia a miña nai… e dende aquí, queremos dar as grazas a tódalas personas que nos fan esas comilonas (Que boas están!)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E, que non só nos fan unas cousas riquisimas, senon que tamen, as veces, teñen que estar tirando de nos pra que vaiamos a comer (Se que cando nos enfrascamos nun proxecto… Pois que lle vamos facer, non podemos sair del, o SAV nos mata!), pero o ben que nos coidan non ten precio.

Todo intentámolo facer nós

Existe un término que define o “fin da vida util dun producto” e chámase obsolescencia programada e en certos casos aproveitanse diso e fan que compres outro producto novo, que gastes diñeiro en outro producto igual ao que xa tiñas.

Pero un Maker non se conforma con iso, nos caracterizamos por ir máis aló, por exprimir un producto ata que non poda máis, e se podemolo crear nos, ó facemos!

E iso pasoulle a un membro do recuncho; O asa dunha neveira iase romper e a empresa donde fabrican esa peza cobrabanlle unha barbaridade e o que fixo foi facerse unha ca ANET A8 do recuncho!!.

 

Detras dos Micrófonos

Comenzamos unha nova faceta no recuncho que xa iremos desvelando co paso do tempo e cando se consolide.

Da man dun gran anfitrión fixeronse dúas entrevistas (moi interesantes!) a dous membros do recuncho para este proxecto!! (Xa vos iremos contando!!!!).

Sempre necesitamos un cargador!

Temos un procecto a largo plazo no recuncho e unha parte del é, facer un cargador de baterías.

Esta parte do proxecto parte dun MCP73833 que é un microchip utilizado para controlar o voltaxe de saida para cargar baterías.

O primeiro que fixemos foi plantexar o circuito e para iso utilizamos kicad un programa para editar e crear as nosas PCB’S para logo mandalas a fábrica e que nos fagan a PCB fisica.

Este é o principio de todo, e pouco a pouco fomos creando o circuito

Unha caracteristica importante deste circuito son as seguintes:

  1. Podes alimentar o cargador por USB ou por Jack.
  2. Podes regular a velocidade de carga

O seguinte paso é intentar isolar a placa no Recuncho e ver se funciona!!!

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *