Resumo do 24 de Febreiro 2018

NON TE SAIAS DA LINEA!!

Este sábado a primera actividade do día foi unha charla sobre o Filtro de Kalman que entre outras cousas serve para o control e a navegación de vehiculos, sobre todo espaciais!!

E como non perdemos lo tempo xa estamos a argallar algo pra noso siguelineas jejejejeej.

O Recunchiraptor!!!

Atendede todos a este momento épico e destacable na historia do recuncho!, temos entre mans o recunchiraptor!

Xa falamos en outras ocasións deste proxecto de siguelineas baseado no raptor cada vez vamos mellorando e collendo carrerilla para o gran día.

Que outra cousas non sabemos eh, pero inda que non gañemos… unha boa risada imos ter!!

Como vedes esto avanza a pasos axigantados!!!

pra os que non son de leds… temos puntadas e fios!!!

Como xa sabedes no recuncho todo é voltaxe e intensidades, o recuncho baker nunca paran; Sempre están a argallar cousas boisimas e de gran utilidade

A unha das persoas que dan vida ao recuncho baker rompeulle o pantalón vaquero, e calqueira diria… Pois vouno tirar. Pero non!!! No Recuncho baker sempre buscamos solucións!

Fixo unha mochila espectacular co pantalón!!! E cun bolsiño pra o movil!!! Incrible..

Non deixamos atras nunca a teoría

A teoría é unha parte fundamental do mundo Maker e da vida que nos rodea, xa que pra entendela e responder a nosas preguntas é importante: Leer moito, ter moita curiosidade, observar, e sobre todo probar:

Este sábado puñemos en practica a medición de amperaje mediante un operacional

 

testeamos este circuito con un operacional e un Transistor PNP a ver que pasaba.

O resultado destos leds gardamolo para o que veña a visitarnos ao recuncho 🙂

O último hack da anet a8

O último hack que temos feito pra a Anet e unha caixa que cubre a parte de abaixo da fonte de alimentación da Anet, pra que podamos poñerlle un boton e poder pulsar sen morrer no intento!!!!

 

Todas as actividades e as melloras da Anet podeles vir a velas ao recuncho, en Caramoniña, Santiago de Compostela! Anímate a vir!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *