Resumo do 22 de xaneiro do 2017

O sábado 21 estivemos axustando a mini CNC Fura-can. Xa a temos case lista!!

Estivemos axustando os valores, movementos, velocidades, etc. Xa fixemos o primeiro círculo!

 

 

Estivemos mallando duro no sistema de alarma por RFID. Detecta a tarxeta sen problemas. O código está en arduino.

Estivemos fuchicando cun reloxo autoaxustable por DCF77. Unha sinal alemana para poñer os reloxos en hora. Estivemos cun analizador lóxico (pulseview) a traves dunha raspberry pi por ssh. Moi linuxero todo!

Repasamos un módulo en Python para manexar lectores de pegadas dixitais.

Tamen vimos unha estrutura novidosa de impresora 3D

E para non pasar frio, estivemos cosendo bolsas de calor para microondas.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *