Resumo do 19 de Novembro de 2016

Recuncho 19/11/2016

 

Este sábado dedicamos un tempo a configurar o noso pequeno servidor. Estivemos xogando co Docker, creando un servidor de FTP.

Tamén estivemos configurando o tmux, un comando que está causando furor entre os nosos asociados .

Despois dedicamos un tempo a calibrar a nosa impresora Delta. Estivemos mirando a base, e tamén todo o que ten que ver co extrusor.

E despois tivemos charla de neopíxeles, e estivemos pensando en todos os proxectos que podemos facer no futuro.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *