Resumo do 17 de febreiro 2018: No recuncho, non todo son cables e leds!

 

O RECUNCHO BAKER

Hoxe queremos falar e deixar constancia de que non todo no recuncho son: cables, voltios, amperios…

O recuncho baker é unha parte do propio recuncho maker que non está tan relacionada coa electronica e a informatica (ainda que algunhas veces si) como a xente pensa.

Neste rincón fomentamos e desenrolamos nosas habilidades creativas con diferentes materíais: telas, masas, dibujos…; e sempre estamos a aprender a facer moitas cousas como, deseñar e coser uns saquiños quentes, facer galletas de nadal, facer uns preciosos babeiros con motivos infantís

E tamén aprendemos a arranxar abrigos e está mal que o digamos nos, pero quedou perfecto!!!

 

O maker non só son cables e teclas, se ti te sintes que queres formar parte do recuncho baker non dudes en vir un sábado a visitarnos!!!!

agora veñen os cables: Upgrade Anet A8

Este sábado fixemos vários cambios importantes a Anet A8:

1- Rematamos a peza do final de carreira do eixo z, que consta de duas pezas que suxeitan o final de carreira e un tornillo cunha arandela impresa que acciona o final de carreira.

Na nosa opinión é moito máis cómodo que o método que ven de fábrica, xa que pra axustalo só hay que apretar o afrouxar dito tornillo!

2- Fixemos tamén un soporte para chaves pra ter todo a man se temos que axustar algo na impresora!!!, Realmente cómodo e práctico

INSTALL PARTY! yeah

Un membro do recuncho trouxo tres pacientes moribundos ao local, todos nas garras dos SO Privativo ó que non debe ser nombrado Wi…, tras unha ardura tarefa e loita pola nosa vida demos frente ao monstruo e conseguemos librarnos das garras do mal! MUAHAHAHAHAAH

O sentimos non facemos prisoneiros nin feridos, sempre vamos a matar… (Imaxenes no aptas para xentiñá sensible).

sempre ven ben un pouco de teoría

Nos creemos que pra poder avanzar no mundo maker e en todo o que nos propoñamos sempre é bo ter una base teórica boa e clara polo menos dos conceptos máis básicos.

Se non temos esa base clara non seremos capaces de entender o mundo que nos rodea e resolver os problemas aos que nos enfrentamos nos nosos proyectos, por eso sempre ven ben unha boa dosis de aprendizaxe e repaso do xa aprendido.

Nos aprendimos  e repasamos conceptos básicos de electronica con resistencias e repasamos  a Ley de Ohm para logo facer  a proba fisica cunha fonte de alimentación regulable, a ver si era verdade o que di a teoría jejejej :).

 

Actualización e montaxe do escornabot

Un dos membros de recuncho está enfrascado no proxecto de actualizar o escornabot implantando novos xogos e movementos ao robot, que emocionante!!!.

Por outra parte outro dos membros está a montar o seu primer escornabot!!! E como tiña unha das suas rodas rota, pois que millor que imprimir unha nova ca Anet A8

Introducción ao freecad

Fixemos tamén unha introducción ao Freecad, tocando:

  1. Modos básicos
  2. Deseño de partes
  3. Extrusión e Pockets

A verdade e que foi moi interesante pra a xente que non controla do programa!!

E con esto acabamos o resumen do Sábado, como podedes ver cada vez facemos máis cousas, invitamosvos a vir un Sábado a Visitarnos!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *