Resumo do 10 de Febreiro de 2018

Mellorando a ANET A8 e proxecto de siguelineas!!

Este post no blog, vai ser unha recopilación dos dous últimos Sábados de actividades no Recuncho Maker. (Recórdovos que podedes vir a facernos unha visita en Santiago de Compostela 🙂 jejeje )

Sigueliñas Recuncheiro

Unha das actividades principales destos días no recuncho foi unha charla aberta con proposta de deseño dun sigueliñas, con vistas a poder competir na OSHWDem.

Foi impartida por dous membros do recuncho que tomaron como referencia a charla do equipo de competición de sigueliñas Pumatron.

Tanqueta controlada por bluetooth

Outro dos proxectos que temos entre manos no recuncho é a creación dun tanque controlado por bluetooth-

O primeiro de todo foi a instalación dunha ponte H no chasis inferior con orugas dun tanque, para logo conectalo a un Arduino UNO:

Para logo facer o codigo no IDE de Arduino para determinar o movemento da tanqueta.

Nos seguintes días montaremos un módulo bluetooth que conecte coa tanqueta e podamos controlar o ponte H dende o movil.

Mellorando ANET A8

Primeira Mellora!:
Unha das primeiras melloras e das máis faciles de aplicar foi, a compra dun cristal das medidas da cama quente que son 220mm*220mm e 3 mm de grosor do cristal, eliximos un cristal normal xa que fai o mesmo efecto que outros tipos de cristais e saianos máis económico.

Segunda Mellora!:

Unha das cousas que consideramos no recuncho que era imprecindible de cambiar na anet era a peza que axudar a levar o filamento PLA cara ao extrusor co que foi a peza que pusimos en canto puidemos.

Terceira mellora!:

Despóis de ter o cristal na cama e a peza colocada no extrusor, tiñamos xa moi pensado como prioridade a impresión dun novo sistema de calibración do eixe Z, xa que o orixinal é bastante incomodo polo seguinte motivo:

– Para regular o fin de carreira, hai que desparafusar o soporte do switch e nunca acaba de quedar ben. Atopamos unhas pezas nas que a regulacion faise a través dun único parafuso con facil acceso, que regula a altura a que se pulsa o fin de carreira. Asi que, aproveitando para experimentar con temperaturas, imprimimos as pezas deste novo sistema. Lamentablemente, os parafusos orixinais quedan demasiado curtos para encaixar coas novas pezas, e non o poidemos probar definitivamente…. pero ten boa pinta!

E eiquí acaba o resumo destes dous días esperamos que vos guste e que os animedes a pasara a visitarnos por Santiago de Compostela!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *