Resumo 10 e 17 de Marzo de 2018: Vámonos de excursión y En Fariña

Visita a Makergal!!

Este Sábado pasado os membros de recuncho maker trasladamos a nosa base por un día a Padrón, á sede de Makergal.

En Makergal nos xuntamos varios Makers con impresoras e cousas Makers!!! (Unha pasada!), o ambiente era inmellorable. Pero o mellor estaba por chegar!! O que todos esperabamos, a hora de comer… E si, as promesas eran de verdade iamos comer pulpo!!!

Bueno tamen comimos churrasco pero do bo que estaba non me deu tempo a sacarlle foto!! jajaj; Xa sabedes que os makers tamen nos deleitamos con estas cousas tan ricas e non só comemos led e cables, (Se queres vir esperamoste como cada Sábado no Recuncho Maker).

Despois de a boa comilona tocaba cacharrear un rato e intercambiar opiniones e coñecementos entre todos os Makers presentes.

A tarde é que a verdade foi moi productiva, e fixemos dende tutoriales de Freecad, Un dos makers trouxo una Impresora 3D con dous Extrusores cada un imprimindo a un cor diferente de PLA (toda unha pasada vela en movemento); Tamen vimos como traballaba una impresora 3D de resina. E moitas cousas máis!!!.

Podcuncho!!!

Hoxe presentamoste un novo proxecto do Recuncho, PODCUNCHO.

 

Podcuncho é o podcast dos membros do recuncho, para os membros do recuncho e achegados.

Deixote aquí para que poidas escoitar noso primero podcast. Disfrutao!!

EN fariña:

O que temos que facer para aprender a facer pan, o sábado día 17 de Marzo no recuncho maker o membro @MakerBaker3 impartiu un obradoiro de pan.

O obradoiro consistia en aprender a facer pan sen amasado! (Increible, tes que velo… como podes facer pan se amasar?), pois si, o que estás lendo, pan sen amasado. O curso tivo as suas plazas completas, e bueno, creo que se queres saber de que vai o obradoiro tes que vir, esperote no Recuncho Maker.

Coma sempre esperote todolos Sábados, no Recuncho Maker!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *