Resumen 29 de Octubre 2016

Pola mañan estivemos reunidos cos mediadores do edificio de Matadoiro, para xestionar os temas de organización co resto de grupos e actividades.

Facía falta, e limpamos a sala Recuncho (tiñamos bastante serrín de facer as mesas). Tamén quitamos alguns cristales que estaban no chan.

Reorganizamos a disposición de mesas. Está moi ben. Agora temos un Recuncho con moito espazo para traballar en varios proxectos. Incluso podemos pensar en facer máis cursos e obradoiros.

Revisados cebadores e conexións da iluminación superior (xa temos luz na zona norte!)

Colgada a mención “Maker of Merit” que recibimos na Maker Faire Galicia 2016 🙂

Revisada a VermisPrinter e xa funciona o movemento X-Y-Z, pendente: termistor da cama quente.

Proba de transmisión con cámara subxectiva no coche do proxecto LEDstela. Unha cámara nun coche de escalestrix!!!

Proba de construción de estantería en madeira. Estamos moi cerca de ter estanterías novas!

Instalacion do servidor localserver0, con docker e servidor de ftp vsftpd. Xa temos servidor anonimo!

O servidor é unha debian jessie 8.6 pelada.

Probamos los dedos de almendras de hallowen que trouxo maite.

Intentamos imprimir a caixa da raspberry pi 3… pero a impresora 3D aínda non a temos moi fina. Xa temos traballo que facer.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *