Obradoiro OpenCookies no Recuncho Maker

Este sábado 17, co gaio das festas do Nadal, no Recunho Maker imos facer unha sesión #gastromaker de apetitosas galletas DiY.

O obradoiro está baseado no artigo Open Cookies de Xosé Pérez de Bricolabs a quen agradecemos que compartira tan delicioso coñecemento.

Na sesión de mañá fabricaremos os moldes de corte con impresión 3D.

Pola tarde prepararemos a masa e cortarémola cos moldes listas para levar a casa e cocer.

Para asistir ao obradoiro é preciso apuntarse, por limitacións de aforo, enviando un email a info@recunchomaker.org indicando no título “Obradoiro OpenCookies” e número de persoas que asistirán.

Materiais necesarios para traer na sesión de tarde:

  • Un bol para misturar os ingredientes da masa.
  • Un rodillo de estirar (pode valer unha botella de cristal sen etiqueta).
  • Bandexa de forno para levar as galletas listas para cociñar.
  • Papel de forno para evitar que as galletas se peguen á bandexa.
  • Báscula de cociña (opcional, podemos compartila).
  • Ingredientes:
    • 250 g manteiga sen sal.
    • 350 g fariña e un pouco máis para estirar.
    • 100 g azucre glass.
    • 2 culler de leite enteira.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *