¿Queres deseñar as tuas propias PCBs?
O vindeiro sábado 14 de Abril, as 12 da mañán, no local de Caramoniña, faremos un taller para aprender a deseñar placas electrónicas.
No obradoiro aprenderás a usar o KiCAD, a popular ferramenta libre para facer PCBs.
- Deseñaremos unha placa moi doada de facer: un cargador de pilas.
- Comezaremos revisando os compoñentes necesarios e as diferentes opcións de empaquetado dispoñibles.
- Faremos o esquema do proxecto, e crearemos un compoñente dende cero.
- Deseñaremos a PCB, os bordes, os furados de montaxe, os conectores, e compoñentes.
- Conectaremos todo e aprenderemos a encamiñar as pistas de cobre.
- Prepararemos o modelo en 3D para ter unha idea de como vai quedar a placa.
- O final, xeneraremos os ficheiros para enviar á fábrica, e acadar a nosa placa profesional.
Se usas outro programa, como Eagle, ou se tamén usas KiCAD, poderemos compartir formas de traballar, consellos, trucos, e sobre todo, disfutar unha mañán de software libre.
Para aproveitar o taller, precisas duns mínimos coñecementos de electrónica básica.
Para ir rápido, trae o teu propio portátil, con KiCAD instalado. Temos conexión wifi e mesas.
Lembra que tes que estar as 11:45 no local de Caramoniña. A duración será de dúas horas.
Podes inscribirte con este formulario. Temos un máximo de 10 plazas.