O día 17 de Marzo as 17:00, no Recuncho Maker (CSC Caramoniña, Travesa Escultora Asorey, Nº 10).
Impartirase un obradoiro sobre os fundamentos do pan.
Haberá unha parte teórica onde se explicarán brevemente os conceptos necesarios para pasar a parte practica (Aquí ven o divertido jejejje), que consistirá en amasar pan sen morrer no intento.
Máis polo miudo tocaranse os seguintes puntos:
- Diferenciación dos ingredientes a utilizar
- Elaboración dunha Masa nai!!
- Mezclado e amasado
- Fermentación
- Formado
- Conservación
O obxectivo é que poidas facer o teu propio pan (e ben bó que vai estar!!) mentres vela túa serie preferida.
Non fai falla que leves nada
o obradoiro inclúe o seguinte material:
- Masa Nai (Para o obradoiro e para levar para casa)
- Fariña (Trigo e Centeo)
- Sal común
- Levadura de panadeiro
- Vasos para portar a masa nai
- Rasqueta para manipular e cortar a masa
O custo do obradoiro é de: 5 euros para cubrir os materiais.
Lembra que tes que estar as 17:00 no local de caramoniña
Podes inscribirte con este formulario, indicando na mensaxe o teu número de teléfono, pra confirmarche plaza!!