Obradoiro de Sacos Terapéuticos DiY o vindeiro sábado 18 de novembro

Con 3 minutos ao microondas chegan para quentar as sémolas, disfrutar do calor e aliviar dores musculares ou quentar os pés fríos na cama.

Xa non terás que andar quentando auga nin atinar co funil.

Este sábado 18 de novembro ás 16:00 no CSC Caramoniña de Santiago de Compostela faremos o obradoiro DiY de sacos de sémolas terapéuticos.

O material necesario é:

  • Tea de algodón de 65x45cm (con adornos queda moi chula)
  • Fío de algodón para coser
  • Tixoira e alfinetes
  • 2 Kg de arroz ou lentexas
  • 10 g de flor aromática (lavanda ou manzanilla)

Se tes a máquina de coser e podes acarrexala ata o obradoiro perfecto, se non compartiremos as que consigamos.

Podes traer os materiais da túa propia casa, pero por 6 € por cabeza faremos unha compra conxunta para que cada inscrito teña no obradoiro todos os materiais precisos para facer o seu propio saco.

Se queres participar mándanos un email como moi tarde o venres pola noite a info@recunchomaker.org poñendo no título “Obradoiro sacos terapéuticos” e confirmarémosche a praza tamén por email.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *