Obradoiro de Escornabot Outubro 2017

Obradoiro de Escornabot

O venres 27 de outubro de 2017 ás 17:00h, no Centro Socio-Cultural de Caramoniña (en Santiago de Compostela), realizaremos, de balde para os inscritos, un obradoiro de montaxe do robot educativo Escornabot.

A duración aproximada do obradoiro é de 3 horas.

O obxectivo é coñecer o ensamblaxe dos compoñentes do Escornabot e aprender a cargar o programa firmware para configurar o seu funcionamento e telo actualizado na última versión.

A maiores, explicaremos algunhas actividades que se poden desenvolver nas aulas coa axuda de taboleiros de xogo.

Escornabot é un proxecto de Hardware e Software Libre nado en Galicia e desenvolvido principalmente por xente galega inda que xa hai Escornabots por todo o mundo gracias a que calquera pode facelo na súa casa (DiY).

Ten todas as súas fontes abertas e consiste nun conxunto de pezas impresas, uns compoñentes electrónicos e un programa que se carga no seu microcontrolador Arduino.

Requisitos para participar no obradoiro

  • Ser maior de idade e recibir confirmación de inscripción (as prazas son limitadas).

Para a inscripción, envía un email a info@recunchomaker.org co título Obradoiro Escornabot.

Terán preferencia os mestres de primaria que poidan dar aplicación na súa escola ao Escornabot que se entrega co obradoiro (indica cal é o teu centro de ensinanza no email).

Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Recuncho Maker realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluidas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *