Obradoiro de Arduino 1.01 Outubro 2017

Arduino 1.01 Outubro 2017

O sábado 28 de outubro ás 11:00 da mañá, no Centro Socio-Cultural de Caramoniña (en Santiago de Compostela), realizaremos, de balde para os inscritos, un obradoiro para coñecer o Hardware e Software Libre con Arduino.

A duración aproximada do obradoiro é de 3 horas.

O obxectivo é iniciarse dun xeito práctico no mundo da electrónica e programación con Arduino.

Imos partir de cero con Arduino e faremos unha sesión práctica para aprender que son as entradas e saídas do Arduino, con exemplos onde terás que facer as conexións físicas e cargar os programas no microcontrolador.

Á vez, aprenderemos algúns conceptos e compoñentes básicos da electrónica, faremos circuitos básicos para controlar LEDs e detectar pulsación de botóns.

Tamén usaremos resistencias variables e saídas de onda para controlar a saída a distintas voltaxes.

Requisitos para participar no obradoiro

  • Ser maior de idade e recibir confirmación de inscripción (as prazas son limitadas).
  • Traer ordenador portatil co IDE de Arduino instalado (descarga aquí).

Para a inscripción, envía un email a info@recunchomaker.org co título Obradoiro Arduino.

Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Recuncho Maker realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluidas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *