Resumo do Curso de Operacionales do sábado 3 de Decembro 2016

Este sábado dedicámolo ao 100% o noso mini curso de electrónica con operacionales.

Primeiro repasamos uns principios básicos de electrónica, como a caida de tensión a través dunha resistencia.

Despóis, fixemos unha tabla devalores entre 0 e 12V, usando 6 resistencias, e vimos a caida de tensión de 2 voltios entre cada unha.

Estivemos repasando os principios básicos dos operacionales, e vimos cómo funciona un comparador.

Despóis, estivemos montando o circuito básico, encendendo leds en cada valor, e conectando unha fotoresistencia.

Para terminar, estivémonos deleitando ca fotoresistencia e os leds como se fosemos cativos de 5 anos.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *